Incorpórate
A Asociación Seitura 22 constitúese o 29 de Marzo de 2016, como Grupo de Desenvolvemento Rural coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos coma privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación.
SOBRE O PROXECTO
Iniciar un proxecto agrario
A agricultura ofrece moitas oportunidades laborais e vitais. Incorporarse ao sector é un proxecto ilusionante, mais non está exento de retos. Dende a asociación Seitura 22 podemos apoiarte a definir o teu plan e identificar os recursos necesarios para poñelo a andar.
Por onde comezar
Reserva Mariñas Betanzos
A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que abrangue 17 concellos da provincia da Coruña, é un territorio de oportunidades para iniciar unha actividade agroecolóxica, apostar por produtos de calidade e impulsar o sistema alimentario local.
O camiño da incorporación na agroecoloxía
Iniciar unha nova actividade na agroecoloxía é un proceso con varias etapas e dimensións. Dende a Reserva das Mariñas apoiámoste para facer do teu proxecto unha realidade.
Recursos do territorio
Un proxecto agrario precisa de diversos recursos. Coñecer onde atopalos no territorio é o primeiro paso para acceder a eles. Entra no visor para coñecer o territorio e as súas posibilidades.



